Jorge Lorenzo, actual campeón do mundo de motogp, chega a Storil como líder da clasificación e como favorito tras gañar as tres últimas carreiras deste circuito a Dani Pedrosa no 2008, Casey Stoner no 2009 e a Valentino Rossy no 2010.
Todas as apostas apuntan a que o mallorquín volverá a subirse ó máis alto do podio por cuarta vez consecutiva pero, realmente todo o mundo pensa igual? Hai xente que xa da a carreira por gañada, todas as miradas estan postas nel, pero que hai do resto de pilotos? Máis ben, que hai dos outros tres pilotos que lle plantarán cara a Lorenza? DOus deles, Rossi e Stoner, pilotan motos distintas das dos outros anos, o italiano coa ducati, sustituindo ao australiano que se pasou a Honda, e que ten como compañeiros a Andrea Dovicioso e Pedrosa, o cal cerra o grupo dos Catro Fantasticos, como os denominaban na tempada pasada.
Ben, se comprovamos os números e o palmares destes pilotos, e as modificacións que se están a facer en cada unha das súas motos, podemos ver que calquera dos catro está dotado para poder gañar a carreira, aínda que, as carreiras son un mundo e nunca se sabe o que pode pasar e como pode terminar.
Así pois, penso que tanto os periodistas como calquera outra persona afeccionada a este deporte, non debía dar por suposto que Jorge Lorenzo gañará a carreira, porque hai máis pilotos que se atopan ó mesmo nivel e calquera pode gañar este gran premio.
Así mesmo, todo o mundo xa da por feito que Jorge Lorenzo volverá a ser campion este ano, pero isto todavía acaba de comezar, e o título todavía está en xogo.