martes, 21 de junio de 2011

Cualificación do Taller de prensa

A cualificación que lle daría a asignatura de taller de prensa sería un 8, porque dende o principio chamoume moito, o tema de aprender a redactar noticias, buscar temas que lle poideran resultar interesantes a xente...
O que máis me gusta desta asignatura é que podes aprender moitas cousas interesantes mentres buscas o tema sobre o que tratar a túa nova noticia, crónica, entrevista etc.
O que menos me gustou foi o ter que facer unha noticia semanal no blog, xa que non se me da moi ben facer resumos, e menos de noticias, porque atopo todo moi interesante, aparte nunca atopaba ningún artigo que me gustara para colgar.
O traballo que máis me gustou facer foi a revista de fin de curso, e aínda que nos levou  moito traballo, moitos recreos traballando na maquetación, o final penso que quedou mou ben, estoi orgullosa do noso traballo, e contenta de que o final poidamos levarnos para casa unha nova revista de fin de curso, e esta vez feita por nos mesmos. A parte da revista, outro traballo que me gustou moito facer foi a entrevista-crónica sobre a violencia de xénero que tivemos que facer para o concurso de "O país dos estudantes".
E sen dúbida, non me gustou nada o do blog, xa o puxen antes pero e que non me dou a facer resumos de noticias.
Como xa dixen antes, do que máis orgullosa estou e da nosa revista de Fin de curso, que aínda que nos levou moito traballo, sobre todo a unhas determinadas persoas, que nos preocupamos de que a revista chegara a tempo para que cada alumno/a do IES Pedras Rubias leve unha nova revista, deste curso que remata, para a casa, e que así, poida recordar cada anécdota, excursión, cada "Tambén leen", e tamén, poder recordar algúns dos tantigos alumnos que coma nos marcharon deste instituto anos atás.
Nesta asignatura aprendín a redactar ben unha noticia, a maquetar en diversos programas, a facer entrevistas.
 E a verdade e que non sei que botei en falta, eu penso que todo estivo bastante ben , aínda que penso que sería mellor comezar antes coa revista porque senon o final non damos feito e andamos sempre estresados.

jueves, 12 de mayo de 2011

Precipitación ante o aniquilamento

Xusto ou inxusto?
Tratándose dun terrorista como Bin Laden, podemos pensar que as medidas temadas contra el foron xustas.
Pero el tamén ten os mesmos dereitos que as demais persoas.
Os americanos fixeron isto para protexer a súa xente, pero agora, estas persoas e todo o mundo, se sinte máis insegura pola alerta terrorista mundial. 
Porque, e se Bin Laden, deixara preparada unha enganza?
Penso que os americanos precipitaronse coa decisión tomada, non sei o resto de xente, o que si sei é que agora, o medo sigue estando presente en todo o mundo.

domingo, 1 de mayo de 2011

"Mourinho es el puto amo"

En palabras de Pep Guardiola: “Mourinho es el puto amo”. Pero realmente está ben que un adestrador como Guardiola se dirixa ós medios de comunicación usando ese termo? Moita xente pensará que o que di e verdade e que a Mourinho non se lle pode describir doutra forma, pero hai outras maneiras de referirse a unha persoa sen ter que usar este termo tan vulgar. 
De feito hay persoas que poden chegar a pensar que o que di Guardiola é cun segundo sentido, como con ironía, dicindo iso e pensando todo o contrario. Estas palabras poden dar moito que falar, de feito o están facendo, pero a min non me parecen formas de dirixirse a prensa, sabendo que esas palabras poden recorrer medio mundo.

jueves, 28 de abril de 2011

Isto non é como empeza, senón como acaba

Jorge Lorenzo, actual campeón do mundo de motogp, chega a Storil como líder da clasificación e como favorito tras gañar as tres últimas carreiras deste circuito a Dani Pedrosa no 2008, Casey Stoner no 2009 e a Valentino Rossy no 2010.
Todas as apostas apuntan a que o mallorquín volverá a subirse ó máis alto do podio por cuarta vez consecutiva pero, realmente todo o mundo pensa igual? Hai xente que xa da a carreira por gañada, todas as miradas estan postas nel, pero que hai do resto de pilotos? Máis ben, que hai dos outros tres pilotos que lle plantarán cara a Lorenza? DOus deles, Rossi e Stoner, pilotan motos distintas das dos outros anos, o italiano coa ducati, sustituindo ao australiano que se pasou a Honda, e que ten como compañeiros a Andrea Dovicioso e Pedrosa, o cal cerra o grupo dos Catro Fantasticos, como os denominaban na tempada pasada.
Ben, se comprovamos os números e o palmares destes pilotos, e as modificacións que se están a facer en cada unha das súas motos, podemos ver que calquera dos catro está dotado para poder gañar a carreira, aínda que, as carreiras son un mundo e nunca se sabe o que pode pasar e como pode terminar.
Así pois, penso que tanto os periodistas como calquera outra persona afeccionada a este deporte, non debía dar por suposto que Jorge Lorenzo gañará a carreira, porque hai máis pilotos que se atopan ó mesmo nivel e calquera pode gañar este gran premio.
Así mesmo, todo o mundo xa da por feito que Jorge Lorenzo volverá a ser campion este ano, pero isto todavía acaba de comezar, e o título todavía está en xogo. 

miércoles, 27 de abril de 2011

Recreos na aula de informática

No IES Pedras Rubias, os recreos na aula de informática xa non son o que eran, e todo pola prohibición do Tuenti, a red social máis utilizada polos alumnos de este instituto.
A caso non é importante relacionarse con outra xente? Isto é o que fan as redes sociales, consiguen que coñezas xente nova de distintos lugares do mundo, neste caso, de España. Comprendo que nas horas de clase esté prohibido, pero acaso o recreo non é a media hora na que intentamos olvidarnos do cansancio e o agobio das clases?  Si, no recreo non nos atopamos en ningunaha clase, así que penso que non se debía prohibir entrar no tuenti e en ningunha outra páxina de entretemento, exceptuando, claramente, as páxinas que están fora de lugar ou de temas obscenos. 
Penso, que os compañeiros do insitituto darían novamente máis uso a aula de informática na hora do recreo se estas páxinas non estiveran prohibidas.