martes, 21 de junio de 2011

Cualificación do Taller de prensa

A cualificación que lle daría a asignatura de taller de prensa sería un 8, porque dende o principio chamoume moito, o tema de aprender a redactar noticias, buscar temas que lle poideran resultar interesantes a xente...
O que máis me gusta desta asignatura é que podes aprender moitas cousas interesantes mentres buscas o tema sobre o que tratar a túa nova noticia, crónica, entrevista etc.
O que menos me gustou foi o ter que facer unha noticia semanal no blog, xa que non se me da moi ben facer resumos, e menos de noticias, porque atopo todo moi interesante, aparte nunca atopaba ningún artigo que me gustara para colgar.
O traballo que máis me gustou facer foi a revista de fin de curso, e aínda que nos levou  moito traballo, moitos recreos traballando na maquetación, o final penso que quedou mou ben, estoi orgullosa do noso traballo, e contenta de que o final poidamos levarnos para casa unha nova revista de fin de curso, e esta vez feita por nos mesmos. A parte da revista, outro traballo que me gustou moito facer foi a entrevista-crónica sobre a violencia de xénero que tivemos que facer para o concurso de "O país dos estudantes".
E sen dúbida, non me gustou nada o do blog, xa o puxen antes pero e que non me dou a facer resumos de noticias.
Como xa dixen antes, do que máis orgullosa estou e da nosa revista de Fin de curso, que aínda que nos levou moito traballo, sobre todo a unhas determinadas persoas, que nos preocupamos de que a revista chegara a tempo para que cada alumno/a do IES Pedras Rubias leve unha nova revista, deste curso que remata, para a casa, e que así, poida recordar cada anécdota, excursión, cada "Tambén leen", e tamén, poder recordar algúns dos tantigos alumnos que coma nos marcharon deste instituto anos atás.
Nesta asignatura aprendín a redactar ben unha noticia, a maquetar en diversos programas, a facer entrevistas.
 E a verdade e que non sei que botei en falta, eu penso que todo estivo bastante ben , aínda que penso que sería mellor comezar antes coa revista porque senon o final non damos feito e andamos sempre estresados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario